obras públicas, obras urbanas, mantementos de vías, beirarrúas, redes de abastecemento, obras de canteiría, sumidoiros, pavimentacións de baldosa, formigón, asfalto, canalizacións de servizos, mantementos integrais de pavimentos, abastecementos, manuel rivas boquete, rivas boquete, rivas, boquete, construccións boquete, manuel rivas, Coruña, a Coruña

Está vostede en:Responsabilidade Social

Responsabilidade Social

Conscientes de que somos unha empresa de persoas que traballan en obras para o benestar doutras persoas, en MANUEL RIVAS BOQUETE SL estamos comprometidos cunha economía sostíbel e socialmente responsable.

A nosa política de responsabilidade social inspíranos cada día para ser mellores, para superar a calidade do noso traballo e para minimizar o seu impacto sobre o medio ambiente. O compromiso coa nosa entorna expresámolo coas nosas políticas de:

image               Calidade. É o obxectivo último de todas as nosas obras públicas. A calidade dos nosos procesos de traballo e das nosas obras están certificados coas normas UNE-EN ISO 9001 e 14001.

image               Mellora continua. A formación permanente dos nosos empregados permítenos contar cun cadro de persoal altamente cualificado e comprometido coa innovación e coa excelencia do seu traballo.

image               Respeto ao medio ambiente. Todas as nosas obras están planificadas para minimizar ao máximo o seu impacto no seu arredor. A nosa política de calidade e medio ambiente garante que o desenvolvemento dos nosos traballos realízase respetando as normativas e evitando calquera risco medioambiental.

image               Compromiso social. En Rivas Boquete levamos o noso compromiso coa sociedade máis aló das 40 familias que traballan con nós. Conscientes de que unha empresa debe contribuir a impulsar o progreso ao seu arredor, dende hai décadas colaboramos con entidades sociais como Cruz Vermella, respaldamos o deporte de base galego coa promoción de probas deportivas e apoiamos a educación a través da sinatura de convenios de formación coas universidades galegas.

Traballamos para construír futuro entre todos.