Conscientes de que somos unha empresa de persoas que traballan en obras para o benestar doutras persoas, en
MANUEL RIVAS BOQUETE SL estamos comprometidos cunha economía sostíbel e socialmente responsable.
A nosa política de responsabilidade social inspíranos cada día para ser mellores, para superar a calidade do noso traballo e para minimizar o seu impacto sobre o medio ambiente. O compromiso coa nosa entorna expresámolo coas nosas políticas de:
Calidade. É o obxectivo último de todas as nosas obras públicas. A calidade dos nosos procesos de traballo e das nosas obras están certificados coas normas UNE-EN ISO 9001 e 14001.
Mellora continua. A formación permanente dos nosos empregados permítenos contar cun cadro de persoal altamente cualificado e comprometido coa innovación e coa excelencia do seu traballo.
Respeto ao medio ambiente. Todas as nosas obras están planificadas para minimizar ao máximo o seu impacto no seu arredor. A nosa política de calidade e medio ambiente garante que o desenvolvemento dos nosos traballos realízase respetando as normativas e evitando calquera risco medioambiental.
Compromiso social. En Rivas Boquete levamos o noso compromiso coa sociedade máis aló das 40 familias que traballan con nós. Conscientes de que unha empresa debe contribuir a impulsar o progreso ao seu arredor, dende hai décadas colaboramos con entidades sociais como Cruz Vermella, respaldamos o deporte de base galego coa promoción de probas deportivas e apoiamos a educación a través da sinatura de convenios de formación coas universidades galegas.
Traballamos para construír futuro entre todos.